sábado, 18 de abril de 2009

Semana de Lituania no IES Río Miño

Dentro dos actos organizados no centro durante a semana do 16 ao 20 de Marzo para dar a coñecer no centro o que é Lituania, tivemos dúas partes fundamentais, por un lado, a revisión dos traballos elaborados polos alumnos do centro así como a exposición dos gañadores en cada curso. Por outra parte, a faceta competitiva na cal se outorgaron premios aos traballos máis destacados, e a participación dos alumnos nun concurso sobre coñecementos xerais acerca de Lituania.

Os alumnos do primeiro ciclo da E.S.O. elaboraron unha serie de carteis con información sobre varios aspectos da cultura, historia, tradicións e outros aspectos da vida lituana.
Aquí podemos ver algúns destes carteis:


O cartel gañador foi o elaborado por Alejandra, Sabela, Sandra e Alfredo, de 1ºB:



No segundo ciclo, o traballo consistía en recabar información sobre Lituania e elaborar presentacións de PowerPoint que debían ser presentadas en público da mesma forma que lle poderían explicar a unha persoa que non sabe nada de Lituania as cousas máis importantes que permitan facerse unha idea do que se pode atopar neste país.
Neste caso a presentación gañadora foi a elaborada por Tamara, Patricia, Alba, Marta e Alexandra, alumnas de 3ºC.
(Presentación gañadora)


Finalmente, realizamos un concurso de cultura xeral sobre Lituania, no cal os alumnos desde 1º de E.S.O. a 1º de Bacharelato podían participar mediante a busca de información referida ás preguntas dun cuestionario. As respostas estaban todas nos carteis elaborados polos alumnos de todo o centro que foron expostos no corredor da pranta baixa. Neste caso os alumnos gañadores foron Nuria Núñez, Sandra Carballido e Diego Rodríguez, todos eles de 4º.

No hay comentarios:

Publicar un comentario